Thursday 09 de May de 2024

A Banda Municipal de Música arranca a tempada cos solistas Sandra Calderón e Xocas Meijide


A Banda Municipal de Música da Coruña comezou este domingo a súa tempada 2023/2024, na que participarán numerosas figuras solistas, directores e compositores do ámbito local, nacional e internacional. O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, asistiu ao concerto inaugural e remarcou o apoio do Goberno de Inés Rey a “unha agrupación que forma parte, por méritos propios, da cultura coruñesa”.

A cantante e compositora Sandra Calderón protagonizou a actuación da BMMC xunto co clarinete solista Xocas Meijide. A obra máis importante do programa foi ‘El amor brujo’, unha obra fundamental do século XX que interpretou Calderón. Ademais, a BMMC estreou unha obra composta polo vigués David Cuevas que contou coa actuación solista do clarinetista baixo da Banda, Xocas Meijide. O programa completouse con dúas obras máis: ‘Obertura para una gran ciudad’ e ‘Cantares de Galicia’.

Ao longo do ano participarán distintos artistas de renome, apostando por talentos coruñesese tamén do panorama musical nacional e internacional, tanto do ámbito da música clásica como doutros estilos. Un dos obxectivos do Goberno de Inés Rey coa confección desta programación será a captación de novos públicos ao tempo que afianza a calidade artística da Banda Municipal.
A programación 2023/2024
Ciclo de Outono
● Concerto temporada nº1. 5 de novembro
Clarinete solista: Xocas Meijide.
Cantaora: Sandra Calderón.
Dir: JM Romero
● Concerto temporada nº2. 19 de novembro

Dir: F. Marinho
● Concerto temporada nº3. 3 de decembro
Trombón solista: Ximo Vicedo
Dir: JM Romero
● Concerto temporada nº4. 17 de decembro
“Concerto de Nadal”
Solista: Coral El Eco
Dir: JM Romero
● Concerto temporada nº5. 21 de xaneiro
Dir: JM Rodilla
Ciclo de inverno
● Concerto temporada nº6. 28 de xaneiro
Dir: JM Romero
● Concerto temporada nº7. 11 de febreiro
Teatro Colón 12:15h
Dir: J. Viceiro
● Concerto temporada nº8. 25 de febreiro
Trompeta solista: Manuel Fernández
Dir: JM Romero
● Concerto temporada nº9. 10 de marzo
Solista: Helena García (Ganadora del Concurso de interpretación del CSMC)
Dir: JM Romero
● Concerto de Semana Santa. 16-17 de marzo
Igrexa San Jorge

Dir: JM Romero
Ciclo de primavera
● Concerto temporada nº10. 24 de marzo
“Concerto do Cinema Galego”
Dir: (a determinar)
● Concerto temporada nº11. 7 de abril
BMMC e Banda CPMUS
Dir: M. Godoy
● Concerto temporada nº12. 21 de abril
“Concerto de Clausura de temporada”
Trompa solista: Juan Manuel Gómez
Coro: Coro Cantabile
Dir: JM Romero